U-la memoria reparadora?


Daniel López

A máis mínima mención, cando sae de certas bocas, é ofensiva. Si, pódese facer unha reviravolta: non foi “obxectivamente” para tanto dicir iso que dixo Rouco no gran funeral por Suárez  sobre as “causas que provocaron a Guerra Civil ou que a poden provocar”. Pero chega un momento en que as frases significan máis por quen as di: polas circunstancias e a pelaxe do proferidor. Rouco Varela é un pastor pouco querido polas súas ovellas e odiado por unha porción enorme das cabuxiñas que libremente habitan o monte celtibérico.

Debería, coma os americanos despois do 11-S, preguntarse: por que me odian tanto?

Desde logo o da Guerra Civil dá e dará para moito. Condiciona o presente. A imaxe que describía o filósofo Emilio Lledó é reveladora: recordaba como con 11 anos, desde o balcón da súa casa de Vicálvaro, viu como unha brigada de falanxistas ocupaba en desfile a localidade. A funesta marcha ía presidida por un crego cun descomunal crucifixo.

O empeño dos rouquistas nestes últimos anos por desenterrar mártires católicos e botar sal na ferida, repugna. E non fai ningunha xustiza aos relixiosos que cuestionaron aquela carnicería, que os hai, e son ignorados. Non tería máis valor reparador recuperar a memoria dos católicos que se opuxeron ou resistiron? Non sería iso máis sandador da fenda, do resentimento?

En Galicia, por suposto, está a figura enorme de Alexandre Bóveda. Pero, facendo un percorrido polo país, para romper tópicos: non se atoparía por aí algún párroco que se portou, alguén que se arriscara para que o malo non fose a peor. Non houbo ninguén con sentido da piedade e da xustiza? Algún defensor da vida, monseñor?

Noutros lares si que atopan esas figuras, como a de , Gumersindo de Estella, un capuchino lizarratar desterrado a Zaragoza, e que escribiu un diario de denuncia sobre os 1700 fusilamentos dos que foi testemuña, incluíndo o roubo de meniños dalgunha das fusiladas. A denuncia é estarrecedora: Por compasión, no me la roben! Que la maten conmigo, gritaba una. ‘¡No quiero dejar a mi hija con estos verdugos!, exclamaba la otra. Se entabló una lucha feroz entre los guardias que intentaban arrancar a viva fuerza las criaturas del pecho y brazos de sus madres y las pobres madres que defendían sus tesoros a brazo partido.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Trasno, Uncategorized coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s