O tempo


 

Teresa Souto

Acaba de chegar a primavera, compartimos paseos polas rúas, á beira do río, ao carón do mar, das rochas, das veigas florecendo. O arrecendo a herba, os raios do sol, e a frescura que se respira.

Hai un días, de camiño cunha pequena grande amiga, pregunteille se faciamos o camiño curto, se escolliamos un atallo ou se iamos pola beira do mar. De maneira moi intelixente díxome que tiñamos tempo para facer o camiño de ida polo atallo e o de volta ao carón do mar, que tiñamos tempo para as dúas cousas… E é que ás veces o tempo convértese case que no noso dono e amo, e non nos agasallamos minutos para contemplar a sinxela beleza que nos rodea.

Así que gozamos xuntas da serenidade que ese día nos brindaba o mar, de contemplalo próximo, calmado, fermoso. E é que aínda que nos encante a choiva e o frío, sentan moi ben estes días de sol, de quentura, de frescura que tanta falta nos facían, para animar os espíritos e cargarnos de positividade.

Tamén estes días lle escoitei a unha gran muller dicir que Deus estaba na beleza, e hai tantas cousas belas que nos rodean: o mar, a terra, as mans traballadoras das persoas que aran, que tecen, que pescan, que limpan, abanan, escriben. A cara amable das que escoitan, ensinan, aprenden, axudan….

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón). Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s