O mar e o agro: oportunidade viva se o xestionamos nós


O mar e o agro galego son sectores estratéxicos para a nosa terra. Aquí, desde os setenta, fíxose una aposta contra a nosa xente labrega e mariñeira. Unha aposta negativa, concertada por non sabemos quen, pero, desde logo, moi efectiva. Todo o que rodeaba estes “mundos” non urbanos, non industriais era considerado e visto con desprezo.

A cousa non era só o típico e simple prexuízo dos urbanitas e señoritos contra a xente labrega e mariñeira. Había todo un discurso montado con datos estatísticos nos gabinetes de estudos económicos (por exemplo, os famosos estudos da Caixa Rural de Ourense), nos que se nos abrumaba con cifras de canto persoal do campo e do mar estaba “aparentemente ocupado” pero en “paro encuberto”, e canta xente, polo tanto, debería marchar das nosas vilas e aldeas.

Irimia, as Comisión Lebregas, as Xornadas Agrarias Galegas, os técnicos progresistas e nacioinalistas do Servizo de Extensión Agraria, etc… foron voces no deserto insistindo en que a desertización e a negatividade sobre o sector pripario –pesca, marisqueo, agricultura e gandería- era un suicidio en Galicia, porque era facernos cegos con respecto ao noso mellor potencial de futuro.

A crise do modelo industrial, que queda nas mans de especuladores financeiros e que moven as fábricas dun lado a outro do planeta a vontade, demostra que, efectivamente, a aposta pola produción de alimentos de calidade era una aposta estratéxica, tanto para a Galicia verde, como para a Galicia azul. Agora perdemos uns anos preciosos, porque os fillos e fillas dos labregos e mariñeiros escaparon: son preparadísimos mestres e psicólogas en paro, que nin saben mariscar nin pescar ni labrar nin muxir. E volta a empezar.

Pero témolo que seguir intentando, alí onde esteamos a tempo. Estes días os pescadores do cerco deron a batalla, e evidenciouse que desde Madrid e Bruxelas non se poden solucionar os nosos asuntos, nin dar futuro ao noso enorme potencial. Hoxe, na nosa serie contra a crise autoxestión traemos un exemplo de autoorganización produtiva de mulleres mariscadoras e redeiras de Cambados. É una mostra máis, pódese construír o país desde abaixo, con outra imaxe, con outra intelixencia.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial coas etiquetas , , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s