A instalación do medo.


O fachineiro da dignidade

A.Q.

“Teito, terra, traballo, pan, saúde, educación, independencia, democracia, liberdade, xusticia e paz. Estas foron as nosas bandeiras na madrugada de 1994. Estas foron as nosas demandas na longa noite dos 500 anos. Estas son, hoxe, as nosas esixencias.”

O manifesto zapatista lido en México en 1996 e incluído por Manu Chao nunha canción, reivindica o mesmo que as Marchas pola Dignidade da semana pasada: pan, teito, traballo, ou sexa, estado social.

En Portugal Rui Zink publicou o volume A instalação do medo, libro que recorda a 1984 de Orwell. Dous homes petan á porta dun piso: “Bos días, miña señora, viñemos para instalar o medo” (…) “é un obxectivo patriótico, é polo ben do país”. Os funcionarios explican: “para que poñer policías e tanques nas rúas se basta apagar a luz e susurrar: os mercados precisan máis reformas estruturais, todos temos que facer sacrificios para enfrontar a crise. Sacrificios humanos.(…) o medo é pedagóxico, axuda a domesticar os malos instintos”.

Como escribiría Brecht primeiro levaron os gregos, pero como non era grego non me importou; logo os portugueses, pero como non era portugués non me importou; agora veñen por min, pero é demasiado tarde… Ou non?

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s