Hoxe na Misa estiven especialmente atento ao Evanxeo.


unnamedXan Guillén

Hoxe na Misa estiven especialmente atento ao Evanxeo. Recoñezo que ás veces ando a pensar noutras cousas, coido que é algo que nos pasa a todos. Pero hoxe atendín. Tocaba a lectura da Samaritana e pensei nunha cousiña á cal levo todo o día dándolle voltas e quero compartila convosco. Neste fermoso relato Xesús pretende falar, comprender e dar de beber a unha muller que para a moral da época era digna de ser afastada da sociedade. Agora ben, despois de falar tanto tempo, Xesús marca a vida da muller pero non pretende cambiala. A ver, suponse que a muller cambia pero non lle di en ningún momento: muller, tes que facer isto ou o outro.

Cantas veces, con tan boa intención, a xente de relixión nos dixo o que tiñamos que facer? Cantas veces as confesións non eran máis que receitas de moral en pequenas doses para facernos cambiar? Cantas veces as homilías son unhas instrucións para vivir o cristianismo? O Evanxeo non nos é así. O Evanxeo é boa nova liberadora. Non é unha pesada carga. Xesús acóllenos como somos. Esa é a novidade. Esa é a Pascua pola que pasamos pola Coresma.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s