Santas feministas


Concepción Arenal para min era un nome de rúa, ata que vin a súa vida na televisión. Igual que a súa compañeira Juana de Vega. Dúas mulleres galegas que, xunto con outras, comezaron no século XIX a loitar pola dignidade das mulleres, especialmente das presas.

A película sobre a súa vida está realizada por boas actrices galegas que fan un bo papel, pero, ademais da reflexión sobre a boa calidade das actrices e actores galegos, quero destacar a importancia que ten esta feminista galega.

Ela loitou para mellorar as condicións das mulleres nos cárceres, xa que moitos consideraban que non deberían ter ningún tipo de dereito. Empregou a eficaz arma da educación, tanto para as presas como para os traballadores do cárcere. Cuestionaba a tese, xeralmente aceptada, de que había oficios de homes e oficios de mulleres e incluso nalgún momento pregunta por que as mulleres estaban chamadas á santidade pero non ao sacerdocio (si, no século XIX).

Porque esta é outra cuestión. Ela aparece como unha muller de fondas conviccións relixiosas, e isto aos crentes debería servirnos para reflexionar. Por que non reivindicamos o papel de moitas e moitos cristiáns que durante a historia foron loitadores/as polos dereitos? Por que gardamos santos/ as destes no armario e non os/as sacamos fóra e, non precisamente para sacalos en procesión?

Deberiamos estar orgullosos e orgullosas da nosa tradición cristiá de loita polos dereitos das persoas, e non agacharnos. É certo que hai cristiáns que loitan para que todo siga igual, pero houbo e hai moitos que dende o Evanxeo loitan pola dignidade das persoas. Viva Santa Concepción Arenal e compañeiras feministas.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s