Ideoloxía ou prexuízo?


Pedro Pedrouzo Devesa

Mentres exista una clase inferior, hei pertencer a ela. Mentres haxa un elemento criminal, hei estar feito del. Mentres permaneza unha alma na prisión, non hei ser libre”.

Eugene Victor Debs (1855-1926)

A nova dereita matou a ideoloxía e a esquerda converteuna en prexuízo. Tradicionalmente a incoherencia foi un campo abonado á esquerda. Practicamente é imposible ser de dereitas e ser incoherente. Non existe tal situación. Alguén pragmático, individualista e amante do diñeiro e da vida cómoda, teno difícil se quere ser incoherente. Pode ter mala sorte, e non conseguilo, pero non será por falta de gañas. Pode ser algo máis complicado para un conservador, a á ideolóxica da dereita, pero tampouco en demasía. As apostas polo pasado soen ser baza gañadora, e terá complicado ser incoherente quen non queira cambiar o status quo.

Pero, que pasa na á esquerda da política? Eido inconformista por definición, ser de esquerdas supón ter de compañeiro o malestar polas oportunidades perdidas. A esquerda flota na amargura do que podería ser e non é. E hai tantas amarguras como utopías (im)posibles. Ten significado esa antítese? Na esquerda ten algo máis que significado, é a súa esencia.

E por que digo que a esquerda converteu a ideoloxía en prexuízo? Porque converteu o medio en fin, converteu as persoas en militantes sacralizando os medios que pasaron a ser a proba irrefutable da pureza ideolóxica. Hai moitos camiños para chegar ao horizonte que pretende a esquerda e que letanicamente cómpre repetir: liberdade (impulso vital que deixamos nos roubaran os neocon), igualdade (como contrato social), e fraternidade (como cemento social). Pero demasiadas esquerdas se aferran a cadanseus camiños trazados outrora, prexuízos que non ideoloxías que encorsetan e en vez de “dialecticar” coa realidade. Por algo os movementos sociais os fagocitaron nas últimas eleccións galegas.

O enorme potencial político da esquerda convértese nun gran hándicap cando non é quen de estar á altura das expectativas, por definición grandes, como se desprende da fantástica frase do sindicalista americano Debs.

Somos de esquerda? Si, pero de cal esquerda? Tan plural coma o cristianismo, o político da esquerda non quere oír, quere predicar, quere diagnosticar sen explorar. Ese é o humus no que se cría. A esquerda opina. A esquerda enfádase. A dereita gaña.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Política. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s