Sexismo


Veño de traballar cos rapaces temas de sexismo para un debate de competición. Investigar con eles sempre dá moi boas experiencias, e neste caso empezamos a falar sobre a presenza do tema na publicidade. Vimos un desodorizante como Axe, que segue vendendo á conta dunhas campañas totalmente machistas, que rozan o surrealista. Pero tamén chegamos a cousas que paga a pena admirar, como as campañas de Dove. Esta marca lanza as súas campañas para as mulleres reais e incide na idea de que todas as mulleres son fermosas.

Vendo estes vídeos, pensaba que realmente non era para tanto e que Dove facía unha campaña como calquera outro pensando en vender produtos. Pero cheguei a unha curtametraxe deles que me pareceu moi positiva. Polo visto, facían un experimento no cal lle pedían a unha persoa que se describise mentres un debuxante facía o seu retrato segundo os seus datos. Posteriormente, un descoñecido describía esa persoa e o mesmo debuxante facía outro retrato segundo os datos aportados. A diferenza era moi rechamante. A visión dos descoñecidos era moito máis positiva cá dun mesmo. Se queres ver o vídeo, busca en youtube “Dove selfies”.

Temos que aprender a querernos e valorarnos. Se perdésemos menos tempo tratando de cambiar o que en nós é defectuoso e loitásemos por valorar todo o fermoso que temos, seriamos moito máis felices e o mundo moito máis bonito. Agora fai o teu retrato.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s