Chamadas perdidas.


Soa un móbil. Número descoñecido. Non adoito coller cando non sei quen chama, pero insiste novamente; así, ata media ducia de veces. Corto a chamada farto do insistente e molesto son. Tras unha breve pausa, volve soar e opto por apagalo… Ao día seguinte acéndoo e axiña se ateiga a pantalla de chamadas perdidas. Semella que non deixou de chamar en toda a noite. Inquedo ante o abafante número de intentos, decido tomar a iniciativa. Hai liña e cada son aumenta o meu grao de ansiedade. Non colle. Fágome preguntas, preocúpome. Chamo unha e outra vez pero agora as chamadas non esgotan os sons. Non pode ser, se tanto insistiu chamando. Fago unha pausa e decido poñerme a traballar e non perder máis tempo co teléfono. Pero pódeme a curiosidade e volvo co teléfono outra vez. Chamo a un destinatario “apagado ou fóra de cobertura”. Escoitarei esta frase centos de veces durante a noite, ao día seguinte; tamén unha semana despois; un mes; un ano…

Cada día algo novo e descoñecido está chamando ás nosas vidas. Escoitamos, pero non queremos coller. Incluso non chegamos a escoitar a duración da chamada. Imos apagándonos e, finalmente, desconectamos e perdemos o interese. Medo ao descoñecido, a non saber responder. Desconfianza? Tal vez. O certo é que sempre chega un momento de reflexión, de pensar naquilo que deixamos pasar, de retomar aquelas cousas pendentes. Entón botamos a vista atrás e vemos esvaecer centos de posibilidades en forma de chamada perdida, decatámonos do pouco que arriscamos nun contexto onde soamente erguen o vo aqueles intrépidos que se amosan dispoñibles permanentemente. A crise que vivimos non se combate soamente con axustes económicos; moito menos coa palabra “imposible”. Agocharche fronte a ela, sumirse na resignación, des-implicarse, des-ligarse, des-motivarse, des-valorarse, des-conectarse, á fin, supón apagar as chamadas da vida e as oportunidades que conleva. Agrandar o inimigo “crise”. Vémolo no decrecente número de asociacións e colectivos sociais e culturais; no inexistente tecido que aposta por unha rede de ilusións que recobre os valores dunha comunidade. Nesa rede collemos todos, pero hai que atender ás chamadas do corazón e manter unha apaixonada conversa con el. Non somos nada sen paixón. Chega a Coresma. Durante 40 días soará o teléfono. Até o 13 de abril recibirás continuas chamadas. Tes a liberdade para premer o botón verde ou ficar apagado ou fóra de cobertura.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón). Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s