Manipulacións


O fachineiro da educación

A.Q.

Eu son o que son (ou o que serei, mellor en futuro, como nos di Pepe Chao). E son, esencialmente, o que aprendín ou o que me ensinaron. Por iso está convencido o fachineiro de que o que realmente nos fai libres é a verdade educativa. Non só esa que nos ensina a escribir un texto ou resolver un problema, senón a que nos axuda a estarmos vivos no mundo e non pasarmos por el como pasa un grelo. Nestes días nos que os estudantes se manifestaban contra os recortes en educación lembrábase o fachineiro de dúas novas da mesma semana. Nunha o titular dicíanos que o 25% dos estadounidenses ignora que a terra xira arredor do sol (claro, con eses vimbios xa podes dicir que o eixe do mal está formado por Corea do Norte, Coirós e Boisaca que che han votar igual); na outra, en Cabo Verde, a ministra de Facenda, ante unha proxección económica Unión Europea que non era do seu agrado, resumiu que se trataba dun “acto de bruxería” por diciren cousas que aínda non pasaron. E ao mellor non lle falta razón, porque os homes de negro algo de raro teñen, pero para min que falaba á maioría dos seus votantes, que nunca han decatarse de que os están manipulando. Aínda que só sexa para sabermos poñerlle rostro ao noso ladrón, paga a pena loitar pola educación.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

One Response to Manipulacións

  1. Lendo o que din que dixo a ministra de Facenda de Cabo Verde venme á memoria a famosa “meiga de Palmáz”, unha señora que vivía nesta aldea da Parroquia de Goiás (Lalín), que consultaba detras da portada da súa casa e contaba cunha clientela asídua e numerosa. O curioso do caso é que recetaba especialmente remedios naturais sacados de prantas medicinais que che mandaba buscar e fabricar. As mulleres das aldeas limítrofes alporizábanse cando escoitaban chamarlle como “a meiga de Palmáz”, para elas era “a señora de Palmáz” e apreciában moito. Foi denunciada varias veces polos médicos da vila, pero non cobraba nada e do que non sabía mandábate ó médico. Un caso dende logo curioso, que merecería unha investigación.
    Podería darvos o remedio que me dou a min mesmo para unha “pezoña” dun sapo que collún coa man sen querer, ou aquel que recetaba para as verrugas, tamén efectivo.
    A ver se alguén da zona lalinense se anima, pois do asunto non fai tanto tempo.
    Unha aperta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s