O segredo dos seus ollos


X.G.

Hai unha película arxentina extraordinaria. Trátase de O segredo dos seus ollos. Se non a viches, paga a pena. Nesa película extraordinaria hai unha escena extraordinaria, e nesa escena hai unha frase extraordinaria: “Un tipo pode cambiar de todo: de cara, de casa, de familia, de noiva, de relixión, de Deus…, pero hai unha cousa que non pode cambiar: non pode cambiar de paixón”.
Nesta película, a paixón é a futbolística, pero teño que recoñecer que a xente apaixonada é imprescindible.
En Irimia coñezo uns cantos apaixonados. Coñezo un profesor apaixonado da súa profesión que fai moitas actividades coa súa rapazada e que, con outros profes apaixonados/as, leva adiante a CGENDL, que quitan a apaixonante revista Ollos de aula. E, aínda por riba, quita, con outros apaixonados máis, a revista que tes nas mans. Vivan as paixóns destas persoas.
Tamén coñezo a paixón pola política doutro irimego. Nunha xuntanza política este rapaz berrou que somos herdeiros do mártir cristián Alexandre Bóveda. Viva a paixón. Moito traballa polo Reino de Deus en política. Como dicía alguén nunha rede social, precisamos un destes en cada concello.
Homes e mulleres apaixonadas que nos rodean. Son os imprescindibles. Imaxinar un mundo sen eles resulta aburrido. Un cura, hai anos, díxome que se precisaba alguén que me botase unha man para algún labor, que non lles pedise axuda aos que están atarefados en non facer nada. “Ti pídelles axuda aos que estean moi ocupados porque eses poderán axudarte”. O meu consello, rodéate de xente apaixonada e apaixonante. A túa vida non será aburrida.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s