As cartas pokemon encol da mesa


O fachineiro da corrupción

Nos Estados Unidos de América hai gente pa tó e estes días informeime de que dispoñen de títulos de literatura infantil tan edificantes como Ti non vas ser astronauta: simplemente non é realista, Os meus amigos están todos mortos ou entre o infantil e a autoaxuda O meu papá vai para o cárcere: que facer cando un ser querido é preso. E pensaba o fachineiro canto proveito lle podemos sacar a este último volume se a xuíza de Lara leva a ramo as súas pescudas; canto fillo e filla de alcalde e concelleira vai poder contar co inestimable abeiro de tan fértil lectura agora que a operación Pokemon se nos presenta parcialmente desvelada. Cando vexamos o remake autóctono desa lectura propoño á editorial que incorpore na presentación da trama frases do sumario Pokemon tales como “Que desastre, con lo que nos costó ganar las elecciones”. Quen así se laiaba non era ningún político, senón o directivo de Aquagest en Santiago, cando viu que o seu valedor na mafia local, Conde Roa -ou Gonorroa en versión de grafitti santiagués- abandonaba o consistorio por defraudador. A versión bíblica atopámola no edil socialista coruñés que veu dicindo “Señor, acórdate de que a miña irmá está no paro”. Literatura en estado puro.

A.Q.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s