A Candeloria


Teresa Souto

Neste mes de febreiro celebramos a Candeloria, acendemos lumiños que nos guiarán no camiño; levamos as crianzas a esta festa, como Xosé e María levaron a Xesús a presentalo no Templo, presentarllo á comunidade; e compartimos xuntas/os a luminosidade das candeas.

A serenidade e compaña que achega o lume faise presente nas celebracións, e onda ao lume temos momentos de reflexión, encontro, lembranza, agradecemento, ledicia, perdón.

Momentos de esperanza ante os proxectos e as ilusións, as nosas, e as dos demais, sobre todo das persoas que as perden, que as esquecen, que non son capaces de atopalas. Ás veces é difícil atopar cousas na escuridade, por iso é tan necesario prender candeas. Luces que nos inspiren, que sexan exemplo, guía, acompañamento.

Acendelas preto e lonxe, para as persoas que non poden gozar dunhas condicións dignas de traballo no país, e teñen que preparar a maleta e marchar fóra para traballar. Lonxe da terra, da familia, das amizades: xeracións de emigrantes en busca de opcións para gañar o pan. Os bisavós, avós, os pais, nais, os compañeiros e compañeiras. E tamén para as/os que chegan aquí, en busca de novas oportunidades, en busca de xustiza nun mundo onde abondan as desigualdades, que atopen o lume acendido, que vexan a luz que desprende e sintan a acollida sincera que merecen.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón). Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s