Retrato social


O fachineiro das distopías

Verbo dos últimos datos de paro coñecidos lembrábase o fachineiro daquel conto de Castelao no que o pai dun rapaz moribundo chamaba o autor como debuxante para poder ter un retrato del. O pai non quedou conforme ata que o debuxante lle fixo un retrato idealizado do neno. Este pai do conto dicía orgulloso que o fillo que lle morrera era o máis guapo de todos: “aí está o retrato que non mente”. Co noso tecido social ocorre outro tanto; o goberno ofrece un retrato idealizado que en nada se corresponde coa devastación que sofre a poboación cada vez menos activa. O malo é que o retrato si mente. Agora que están de moda as novelas baseadas en distopías nas que se ofrece un mundo de supervivencia salvaxe (o caso de Os xogos da fame) vemos que a realidade cotiá se achega perigosamente a esa distopía. Esta é a situación no mesmo momento no que Intermón-Oxfam nos lembra que 85 persoas teñen a mesma riqueza que 2500 millóns de pobres, a metade da poboación mundial. Son as elites que teñen todo. Un signo dos tempos coma o feito de que Coca Cola peche as súas plantas acolléndose a un ERE que a reforma laboral lle pon en ponte de prata, para que marchen a producir a súa optimista bebida xogando coa fame doutro mercado aínda máis precario.

A.Q.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s