Dolce vita, Gamonal e o mito dos recursos infinitos


Daniel López

É o consumismo que nos consome e fainos vivir no espellismo dos recursos ilimitados. Non, os recursos e a nosa capacidade de queimalos ten límites obxectivos e as crises, ás veces, teñen o valor de recordárnolo.

 Un macrocentro comercial -un de tantos- na Coruña, pechará as súas portas coincidindo co remate deste primeiro mes de xaneiro. É un produto máis da febre do macro, do macrogasto, do macrourbanismo, das macrobarbaridades. Sen o máis mínimo criterio de sustentabilidade. Nunha fuxida para adiante de planificadores, políticos e empresarios. Nun exercicio de depredación realmente macro. E todo, habitualmente, para maior gordura das contas suízas de inimigos públicos vestidos de Armani.

Curiosamente ese macrocentro morre acurralado por outros macrocentros comerciais. Marabilla planificadora. Viva a superficie! Quen a ten máis grande? Un deles anunciábase como “El mayor complejo de España”. E si, efectivamente, era a expresión do complexo antigalego dunha parte dos galegos e galegas -que agora mandan bastante, por certo. E todo a pesar de ser inaugurado entre moitas risas, poses e fotos por autoridades locais e autonómicas que, iso si, non se sabe moi ben que bendicían, se a exclusión absoluta do idioma propio desta terra, se a ferida mortal ao pequeno comercio local ou quizais a posta en funcionamento dun macroexemplo da falta de previsión de garderías e políticas de conciliación para miles de mulleres -e algúns homes menos – con horarios inconciliables.

O macro non é fermoso. Nin práctico, nin sustentable, nin desexable. E só favorece unha concentración antisocial dos beneficios e plusvalías. A xente, desde a crise e a reacción dos movementos sociais, está farta do macro e do que significa e de a quen beneficia. Das macro cidades do-no-sei-que, das macroinfraestruturas absurdas e dos macroplans urbanos sen chisco de intelixencia.

A xente quere bos servizos sociais e sanitarios, educación con centros dotados, sanidade pública. Xa está ben. Por iso estoupa Gamonal, por exemplo. Que vaian tomando nota. Todos, que a todos lles vai a marcha –aínda que a todo hai quen gañe. E cómpre celebrar ese cambio de mentalidade do electorado. Que non usen os cartos de todos para se faceren a foto cortando a cinta das súas macrofalcatruadas. Xa está ben!

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Trasno coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s