Santa Propaganda, roga por nós


Daniel López

Desde que, rematando o pasado ano, escoitei pola radio a ofrenda da “traslatio” do apóstolo, mentres facía tranquilamente de comer, estiven veña a mirar e remirar na exhortación de Francisco que tipo de conexión podería haber entre as teoloxías implícitas de ambas as cousas, discurso e exhortación. E a reposta é demoledora. O que deita do documento papal non ten nada que ver coa mascarada post-nacional-católica da catedral. Sobre todo, e precisamente, as citas da carta de Santiago. Aquí hai un problema, monseñor.

Sen entrar xa na posta en escena de sospeitosa mestura de poderes temporais e simbólicos (ou espirituais), ver e escoitar unha representante do poder neoliberal gobernante tomando o protagonismo en toda unha catedral e largando un discurso entreverado de ideoloxía e cheo de xustificacións implícitas, repugna realmente a conciencia de quen lea e crea (e isto segundo é fundamental) a mensaxe do actual papa.

Pero o realmente impactante foi a “delegación de funcións e competencias” realizada en favor do pobriño do apóstolo, que a saber se está alí, pero a quen lle cae un fardel de medidas e obxectivos de goberno como para resucitar no medio da función e volver morrer do susto.

Resulta chistoso que a representante do Partido Popular lle encargue ao Apóstolo , por exemplo, a política de promoción turística de Santiago no ano franciscano, pero aínda choca máis que se lle pida que faga, nada menos, que substentable o Estado do Benestar. En realidade o traspaso de competencias ao apóstolo é amplo: alento para os que demandan traballo e tamén para os emprendedores; protección á xente nova, etc.

E no medio e medio, detectei, como non, uns “consellos publicitarios”, xusto antes da restra de peticións. Os gabinetes deberon traballar arreo. E, zaca!, que hai que ter valor para espetarlle ao señor Santiago a seguinte “morcilla de gabinete de prensa”: Esperamos, en nuestra próxima ofrenda, poder confirmar con gozo las primeras noticias que hoy ya apuntan al reflotamiento de nuestro sector naval y al mantenimiento de una entidad financiera firmemente enraizada en nuestra tierra.

Xúrovos que nese momento deume unha estraña convulsión e caéronme da man os dous ovos, con casca e todo, destinados á nosa humilde tortilla.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Trasno coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s