Que vas facer para que o ano 2014 sexa extraordinario?


Rumores de esperanzaXa fixeches o propósito? Todos, cando comezamos un período de tempo, facemos un propósito. Están os tópicos e típicos: darlle ao inglés a ver se o damos aprendido; facer máis deporte; adelgazar; estar máis tempo coa familia; ler máis… Todos están ben e todos pagan a pena. Pero por que non fas algo para os demais? Que che parece algo voluntario?

Por exemplo, no meu centro hai un pequeniño grupo de rapazas moi xeitosas que colaboran con Amnistía Internacional e colaboran nas súas campañas. O outro día entraron na miña aula e comezaron a invitar aos compañeiros/as a mandar postais para denunciar inxustizas. Xa teño as miñas. Agora hai que mandalas. Xa teño propósito para o comezo de ano.

Non preciso grandes esforzos e non preciso moito tempo. Anímaste ti a facer algo polo estilo?

Por iso che desexo un ano ventureiro, cheo de cousas boas para ti e, sobre todo, que poñas algo de ti para facer do mundo que te rodea algo mellor. Os telexornais van seguir dicindo todo o malo do mundo, pero ti podes comezar a berrar baixiño. Son os rumores de esperanza.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s