Memorias de África


A.Q.
O fachineiro das imaxes

Hai circunstancias que poden converterse na imaxe dun país. Como unha das nosas, neste momento, non estaría mal escoller a de Caixa Galicia vendendo preferentes a bebés de catro meses; a do esquizofrénico -xulgado por asasinato- que simulaba con xestos sincopados a linguaxe de xordos a carón de Obama pode ser a de todo un continente. Nestes tempos poucos lembran que a gota que colmou o vaso do apartheid en Soweto foi o feito de as autoridades racistas obrigaren os negros a empregar o afrikaans -a lingua dos brancos- ao 50% no ensino, xunto co inglés. Despois a policía entrou como mossos d’esquadra naquel barrio, primeiro enviando os cans de presa contra os escolares e logo, máis doado, disparando as armas de fogo. A cousa acabou coa vida de centos de rapaces e arredor de mil feridos. Eran os tempos en que defender a Mandela estaba mal visto; anos nos que era considerado un terrorista, pero, ollo, non só en Suráfrica, senón na respectable Alemaña, que facía, entrementres, interesantes negocios co réxime racista. Agora, un pouco máis arriba, Isabel dos Santos, a muller máis rica de África, filla do ditador de Angola, vai editar a revista Forbes en portugués para aquelas terras. Outro signo dos tempos. A Forbes non lle importa moito a procedencia deses cartos, por outra parte non máis ilexítimos ca os das fortunas que publica na edición inglesa. Caladiños, que ao mellor nuns anos hai que enterrala con honores.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro, Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s