FESTA DO LUME 2014 E ASEMBLEA ANUAL DE IRIMIA


No mosteiro de Bergondo, sábado 1 de febreiro de 2014

Contra a crise, autoxestión

O pasado ano, tamén en Bergondo, reflexionamos da man de Josep Manel Busqueta (do Seminari de economía critica Taifa, http://seminaritaifa.org/) sobre como outra economía debía ser posible. Porque a actual, a que temos, a que nos presentan como inevitable é, cada vez máis, socialmente inviable. “Fixeron que o impresentable pareza inevitable”. E vai funcionando, pero só funciona realmente ben, para uns poucos, cada vez “menos poucos”.

En varios anos da chamada crise, transferíronse miles e miles de millóns de euros do sector público, do peto común dos contribuíntes, ao sector privado, principalmente ao financeiro. O prezo foi un recorte brutal nas políticas públicas, que xa malamente aseguraban unha igualdade básica e un tímido estado de benestar social.

A denuncia e a protesta están sobradamente xustificadas. Pero cómpre tamén actuar, propoñer alternativas pequenas, para debuxar unha gran Alternativa. Por iso, este ano organizamos unha Mesa de debate e experiencias , diversas iniciativas en diferentes ámbitos para construír alternativas autoxestionadas en contra de crise. Contamos con:

  • Unha experiencia de organización cooperativa de mulleres na montaña de Lugo (Ancares de meu)
  • Unha oficina de dereitos sociais no barrio dunha cidade (Coia-Vigo)
  • Unha plataforma de distribución de alimentos de produtores de proximidade na Coruña (Zoca Miñoca)
  • Unha representación dos movementos sociais (Plataforma antidesfiuzamentos)
  • Un representante da nova Banca Ética (Fiare)

O plan para a xornada do 1 de febreiro

10,00.- Acollida

10,30.- Asemblea Anual da Asociación Irimia

11,45.- Pausa

12,15.- Mesa de debate e experiencias: Contra a crise autoxestión

14,30.- Xantar compartido

16,00.- Eucaristía

Advertisements
Esta entrada foi publicada en As festas do ano. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s