Humanidade en estado puro


(Editorial do número anterior)

O camiño de Mandela, o seu proceso, é un espello no que se pode mirar a xente de corazón honesto, os homes e mulleres diversos que habitan un planeta necesitado de referentes morais. Houbo, certamente, estes días no ambiente un intento de “acaparar” a súa figura, de saír na foto das condolencias universais polo pasamento do líder; en definitiva, un comenenciudo “arrimar a brasa de Madiba a cadansúa sardiña” ideolóxica e persoal.

É, quizais, inevitable. Por iso cómpre rescatar ao Mandela que estudou leis sen desclasarse nin renegar da súa etnia e condición; que toma publicamente posición fronte ao sistema inicuo da chamada “educación bantú”, do réxime racista de Pretoria; ao Mandela que organizou unha resistencia política de longo alento; ao Mandela que recibiu paus e persecucións e clandestinidade e media vida adulta na cadea. E tamén ao Mandela estratega con corazón e cabeza, ao amigo de Desmond Tutu, ao Mandela implacable na loita do lado dos excluídos mentres a exclusión estaba no seu apoxeo. Pero xeneroso na vitoria cando o excluidor, o seu carcereiro, queda sen poder, derrotado.

Esa firmeza nos principios é a mellor herdanza de Madiba. Eses “ideais” tan mandelianos, como o principio humanizador e intelixente de que o recoñecemento da ofensa e do mal causado e o perdón son alicerces máis sólidos que a vinganza para reconstruír unha sociedade; ou que unha sociedade multicolor e diversa –a nova Sudáfrica das cores do “arco da vella” que tanto gustaba de anunciar no seu discurso– é mellor ca outra na que predomine unha parte sobre o resto.

Pura humanidade. Referente necesario, aire fresco do que carece a nosa vida política. O cal non implica cegueira, nin recoñecer as limitacións e as complexidades que ten toda empresa humana. Na Sudáfrica de Mandela hai moito que transformar e xa o había durante o seu exiguo paso polo poder. O apartheid non está nas leis, pero a desigualdade é esmagadora e as masas populares negras e asiáticas malviven rodeadas dunha abundancia que non tocan. Por outra parte a corrupción, o enriquecemento ilícito da nova minoría gobernante é un cancro. Na súa propia contorna familiar, Mandela experimentou esa cobiza, situación que o fixo sufrir nos últimos anos de vida.

Humanidade en estado puro, pero humanidade en fin. Quen dá máis?

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Editorial. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s