A manivela


Daniel López

trasnoNo medio desta “crise catalá”, dicía Junqueras, con habilidade e ironía, que estaban moi agradecidos ao goberno de Rajoy porque a súa actitude está sendo una auténtica fábrica de independentistas. E disque producen a eito.

A situación actual non é froito da casualidade. Unha situación na que unha parte da poboación catalá -a piques de chegar a maioritaria- aspira a romper co Estado Español.

A fortaleza e orgullo dunha identidade diferente pode ter diversos encaixes dentro dun estado plurinacional, e dentro dunha Europa dos pobos. Habería que poñerse mans á obra. Pero o partido gobernante, e xa desde que estaba na oposición, ten unha idea monolítica de España, a inmorredoira patria única, a nación máis vella de Europa, españolizadora de Indias e de indios periféricos. E asumiu a responsabilidade –é un dicir, pura retórica-, de dinamitar o novo Estatuto de Cataluña, e obter unha vitoria pírrica, diante do seu electorado máis cavernoso. Agora teñen que xestionar o desastre que crearon facendo o que moitos desaconsellaban.
Os procesos históricos son lentos, pero pesados; teñen inercia. Resulta un tanto patético ver a Rajoy agora dicíndolle aos cataláns que son moi queridos na meseta. Case tanto como aquilo de Aznar, proclamando que falaba catalán na intimidade. Debía ser unha intimidade divertidísima, el, co seu talante multicultural, falando dos goles do Madrid en catalán e ela, coa súa visión estratéxica, respondendo en inglés sobre o relaxante efecto de diversas infusións, con ou sen leite. E o servizo fartiño de limpar tanta caspa.

Xa non coa. Levan anos encirrando no persoal para exacerbar a españolísima uniformidade. Unha nación, unha lingua, unha relixión. Por iso Rouco e a súa extinta conferencia episcopal tamén sacaron do armario o da Santa Historia de España, pouco menos que proclamando que a unidade inquebrantable da patria única era un ben sagrado. Desbarre pseudo-teolóxico: Isabel y Fernando el espírito impera.

Está todo vivo. Exemplos a moreas. Un ministerio denega bolsas de investigación porque o certificado de estudos non está en español nin en inglés (toma!), senón en galego. Foi o mes pasado. E quedan tan panchos, felices, con ese sorriso wertiano, dándolle á manivela da máquina de fabricar independentistas.

En fin, feliz Nadal diverso, onde o pequeno é o realmente fermoso!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s