“Ama e fai o que queiras”(*)


(*)San Agustín, Homilía VII, parágrafo 8.

Christina Moreira

Disque para meditar habería que procurar desbotar os pensamentos, as imaxes, facer o baleiro para afondar. Mais prefiro imitar a Jacques Gaillot, con quen teño ás veces a sorte de orar. Ao recollerse ao final do día fai oración e esa oración componse de rostros, da xente que cruzou ese día, da xente que poboa a súa cidade, a súa casa, a súa vida; tráea non só á memoria senón ao seu corazón. Alí acóllea, na presenza de Deus Pai Nai.

Cando escoitei a noticia da publicación do libro (adiviñade o título, non lle vou facer publicidade) da señora Miriano, propiciado polo arcebispado de Granada, un superventas, a min deume un super-arrepío… Dis que glosa a san Paulo na Carta aos efesios, que nin é de san Paulo nin é aos efesios e que por moito que conteña cousas valiosas, prefería vela fóra da Biblia se con iso se salvase unha soa muller matada polo seu home.

Porque se hai libros que matan, este é un. Non o lin (os meus cartos son moi duros de gañar) mais regálovos unhas mostras sacadas das súas páxinas: «Ahora es el momento de aprender la obediencia leal y generosa, la sumisión». «El hombre debe encarnar la guía, la regla, la autoridad. La mujer debe salir de la lógica de la emancipación y abrazar con júbilo el rol de la hospitalidad y del servicio». (Onde gardaría aquelas pastillas tan boas para o estómago?)

Nunha entrevista publicada en http://www.religionenlibertad.com/articulo.asp?idarticulo=21393, fai as declaracións seguintes: «San Pablo nos recuerda que a las mujeres nos gusta controlarlo todo, decir la última palabra, manipular por detrás. Ser sumisas significa, literalmente, estar por debajo para ser el apoyo de todos los miembros de la familia, para acompañar a los más débiles. Es una cualidad propiamente femenina, a pesar de lo que diga la revolución feminista». Mais san Paulo non era misóxino, senón mais ben todo o contrario; a eséxese máis actual ten serios argumentos para afirmalo (terá que quedar para outro artigo).

Quédaseme tan mal o corpo…. Pecho os ollos… Vai por ti, Mari Luz, que loitas entre a vida e a morte polas navalladas que che espetou onte pola noite quen tiña que coidarte. Por ti Cheliño que vas ter que abortar ese fillo que levas dentro porque o seu pai non o acepta e ti non podes con tanto. Por ti María, que tes que aguantar ese pobre alcohólico que non sabe o que fai e que che dá mágoa, mais que esixe que durmas no lado da cama que dá contra a parede porque aí acerta cando che zurra, con puntería ou sen ela. Vai por ti Mónica, a solteira, a piques de “pasárselle o arroz”, vendo pasar os anos sen que ninguén che compre o anel dos contos, e todos a facer risos, que se será por homes… Como se a vida das solteiras, dos solteiros, non valese nada. Como se a vida de toda muller tiver que ser propiedade dun ser masculino para ter valía. Que se non te mercan é que non serves…

Vai por vós compañeiras, heroínas da insubmisión, virxes e mártires, porque non puideron con vós, porque non vendestes o voso Tesouro por unha casa con hipoteca e o sobre de fin de mes. Porque esa é a virxinidade, liberdade purísima, conquistada a prezo de bágoas e sangue. Polas que mantedes @s fill@as soas. Polas que soubestes dar co camiño de volta e guiades a outras. E tamén por aquelas que, presas da síndrome de Estocolmo, defenden os torturadores e mesmo os “aman” e están ben dispostas a sacrificarlles a vida doutras mulleres… escravizadoras de escravas… Miñas pobres, como a escritora devandita.

E vai por vos compañeiros, por algún que abriu as veas. Porque os fillos son dela, só dela. E levounos! Porque vós tamén padecedes na historia sexista, e non podedes chorar.

Vai por vós, benvidas ao único Reino sen xéneros onde si compensa obedecer a un Señor.

Quérevos,

Christina, aprendiza de apóstola de Cristo liberador.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Actualidade. Ligazón permanente.

One Response to “Ama e fai o que queiras”(*)

  1. Fernando di:

    Dice Cristina: “prefiro imitar a Jacques Gaillot” Pablo le escribía a los Corintios: “Sed imitadores de mí, así como yo de Cristo.” 1 Corintios 11:1 .Yo siempre me he preguntado: ¿Seriamos capaces nosotros de decirle a las demás personas: “Sean imitadores de mi, como yo lo soy de Cristo”?

    Y es que la verdad muchas veces nuestra vida no está imitando a Cristo, muchas veces nuestra vida no es el reflejo de que Cristo vive en nosotros, muchas veces no estamos viviendo como hijos de Dios, pues nuestra forma de ser, de comportarnos y de actuar es muy distinta a la que Dios quiere de nosotros.

    Pablo en Efesios no parte de la premisa de que la mujer es inferior, necesitada de tutela y, por tanto, obligada a obedecer, por eso no dice en ninguna parte que las esposas deban obedecer a sus maridos. Sin embargo algunos autores cristianos enseña en Efesios que la mujer debe obedecer a su marido. La razón que Pablo aduce es que el marido debe ser fuente de provisión para la mujer, aque que la anima a ser todo aquello que Dios quiere que ella sea, aquel que la ayuda a desarrollarse en toda su potencialidad como hace Cristo con la Iglesia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s