Advento: benia unha política con corazón!


Definitivamente necesitamos un vento novo que nos varra o medo e a desmoralización. Necesitamos un Advento de esperanza, un anuncio de cambio, unha solidariedade radical que nos redima. A estratexia do shock que emprega o neoliberalismo, das eternas malas novas, do desastre inminente, do que se nos vén enriba, e do que aínda nos pode vir de rebote despois… é unha estratexia interesada, que nos esgana,  que nos fai medoñentos e individualistas, que nos encolle o corazón.

Será por iso, por unha maneira de facer política co corazón encollido, que o Reino de España ten o santo valor de “comprometerse” a acoller trinta refuxiados sirios. E non lles dá vergoña que Suecia, por exemplo, poda chegar a acoller trinta mil (Alemaña 5 000, Francia 500). Nin sequera se lles pasa pola cabeza que teñan que avergoñarse por iso. Son os mesmos que teñen a ousadía de mentir diante dos representantes do pobo, dicindo que non hai contabilidade en negro, nin enriquecemento ilícito, nin cooperación activa na corrupción e na morte matada da ética pública.

Esa miseria moral é a que hai que rexenerar. Porque resulta que, ademais, esa miseria non se leva ben coa intelixencia. É intelixente renunciar a unha integración ben planificada de persoas en situación de crise humanitaria -moitas delas novas e formadas-, cando unha das maiores alarmas que hai no horizonte é unha crise demográfica –envellecemento, devalo da poboación en idade activa e ausencia de xente nova de substitución- nunca antes coñecida?

Detrás da ruindade de boa parte dos gobernos europeos está o medo ao populismo de extrema dereita, á presión dos novos fascismos. É parte do cadro. É parte do shock co que nos asoballan. É parte da paisaxe a limpar, da política a rexenerar. Porque se a extrema dereita emerxente e o seu discurso xenófobo e radicalmente insolidario é o que marca a axenda dos nosos gobernantes, temos un serio problema.

Definitivamente precisamos dun Advento que abra unha ventá de aire limpo. Unha brisa de hixiene moral e de esperanza. Merecemos, si, algo de esperanza.

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s