A trama e o guión


A realidade supera calquera película, como ben sabemos por experiencia. Se, conforme ao publicado, lemos as preguntas que o xuíz Ruz lle fixo a Lapuerta, o anterior tesoureiro do PP, poderiamos reconstruír a trama, entender o mecanismo e saber cara a onde apunta o xuíz que instrúe o sumario sobre corrupción política que afecta ao partido político gobernante -en realidade, ao partido ao que lle demos todo o poder político sobre as nosas vidas-.

Efectivamente, o xuíz, a partir do que xa sabe, sospeita, ou estima saber a partir dos datos do caso Bárcenas, pregúntalle a Lapuerta o que, en forma resumida, vén a seguir.

Vostede, segundo di Bárcenas, recibía pagos en metálico, non é así?”

Bárcenas e vostede sabían que eses donativos eran ilegais, porque superaban os límites autorizados de doazóns aos partidos políticos e sabían que os que pagaban eran empresarios das grandes construtoras. É así?

Bárcenas tamén declarou que vostedes dous facían partes máis pequenas desas cantidades e indicábanlle ao caixeiro como tiña que facer cando ía ingresar os donativos, isto é, partilos en cantidades pequenas que non superasen o límite legal. É certo?

Tamén declarou Bárcenas que era vostede o encargado de dar parte ao presidente e ao secretario xeral do partido popular de qué empresarios pagaran e canto pagara cada un. É así?

Outra cousa, é certo que se reunían para comer con eses empresarios que doaban os cartos ao partido?

É certo que vostede chamaba aos ministerios e direccións xerais para que se entrevistasen con eses empresarios e que tomasen un café con eles e que fosen amables con eles?E que me di do que afirma Bárcenas sobre que vostede era o encargado de repartir os sobresoldos aos cargos do partido?

O interrogatorio é ben ilustrativo. Non precisa comentario. E axuda a comprender boa parte da historia recente: a burbulla inmobiliaria, as infraestruturas sen sentido, os aeroportos sen avións, as autoestradas sen carros, a costa deturpada e as megalómanas cidades das culturas, das artes, e tanta desmesura construtiva.

Chamábanlle crecemento, pero parece outra cousa. 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s