TEMPOS DE ARRISCAR E CREAR


Manolo Regal Ledo

O peto.redimensionadoTodos, todas, coñecemos o precioso poema bíblico (Qohélet 3,1-8), no que nos suxire que hai tempos e tempos para cousas ben distintas na vida. Empeza así: “Todo ten a súa hora, e hai un tempo fixado para cada asunto baixo os ceos”. Pois ben, entendo que estamos en tempos de arriscar e crear, en moitas cousas, en moitos ámbitos, simplemente porque o que temos non responde, tampouco en moitos ámbitos, ás nosas necesidades persoais e comunitarias.

Hai poucas semanas na nosa familia queriamos facer memoria de aniversario do meu cuñado Manolo. Por unha banda, o cura, o cura Rubén, ben coñecido e querido por todos nós, non dispoñía de moito tempo como para darnos un día e unha hora no que poder celebrar connosco; e, pola outra, a familia quería unha celebración menos ritual, máis viva, máis pausada, máis familiar tamén, máis consonte coa realidade das persoas asistentes, entre as que había crentes e non crentes. O cura Rubén, xaora, díxonos que a igrexa estaba ao noso dispor, e procedemos a preparar a celebración do aniversario consonte co noso gusto e coas nosas necesidades.

Sei dos perigos que pode haber detrás deste “noso gusto”; as persoas crentes sómolo en comunidade, en Igrexa, non andamos por libre. Pero tamén debemos ser conscientes das nosas necesidades e buscar para atopar unha resposta relixiosa, neste caso no marco dunha celebración, que responda ao que coma crentes adultos/as pensamos que deben de ser as cousas.

A celebración, limitada adrede en número de asistentes, foi sinxela, viva, alentadora, acendeu en nosoutras o recordo agarimoso cara á persoa morta, e deunos paz e forza para seguir vivindo a vida con fondura humana e cristiá.

En tempos de tanta escaseza de clero, en tempos tamén de tanta celebración acelerada, despersonalizada, fofa, estéril, por que non arriscarnos e crear, e contribuír así a abrir realidades novas na Igrexa? Con respecto, coa preparación oportuna, con sentido comunitario, con audacia, podemos facelo. Estamos en tempo de arriscar e de crear.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón). Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s