Literapia


Hai un mes máis ou menos recibín un correo electrónico dunha antiga alumna que me pedía un favor. Tratábase de facer de xurado dun premio literario que andaban argallando. Por suposto dixen que si e entrei en contacto con algo fascinante.

Polo visto, esta rapaza, que estuda medicina xunto con outros estudantes universitarios, están nunha ONG que fai voluntariado nos hospitais e crearon unha actividade que chaman literapia. O nome é moi significativo e pretenden levar a creación literaria a todos os enfermos do hospital, e moi especialmente a aqueles nenos e nenas que pasan longos períodos de hospitalización.

E aí andan, con contacontos, concursos literarios, cursos de formación… Gústame pensar que hai un grupiño de rapaces e rapazas que son inquedos e non pasan os seus anos universitarios alternando a festa coa memorización de datos. Hainos que, ademais diso, buscan máis e comezan a darlle sentido ao que estudan. Estou convencido de que os futuros médicos que se están formando agora e que participan nestas actividades saben que un enfermo é algo máis que un obxecto de estudo e que curar é algo máis que dar medicinas.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s