Mentres o pau vai e vén descansa o lombo


O fachineiro da servidume

A.Q.

O feudalismo nunca marchou e aínda hai docentes que teiman en explicar este sistema remontándose á Idade Media e non sei que lerias sobre sociedade estamental de nobres e servos. Mellor clase peripatética había ser aquela na que visitasen as instalacións da Xunta en San Caetano cos seus escolinos dicíndolles algo semellante a “Isto que vedes aquí é o cumio da pirámide estamental cos seus nobres políticos e os seus nobres técnicos. Despois vén a nobreza asesoril, logo a lambesolas e fóra desas cancelas están os señores de cada feudo que dominan o resto do pobo.” Aula semellante tamén se pode facer nas instalacións da soberanía popular, no sentido pexorativo do termo, como diría a dama de rosa. Esta nova nobreza parécese cada vez máis á do tipo Mohamed VI, que vai gozar do esquí a Suíza mentres as crianzas do seu país morren cun catarro. É a distancia que vai das declaracións nunha radio de alguén que non pode acender a calefacción ao smartphone que vende o anuncio seguinte para o que non chega todo o mes de prestación de paro. O señor dos empresarios galegos considera a reforma laboral escasa e insuficiente. Disque na próxima darase opción de ser flaxelado polo contratante ou facelo un mesmo. E as enquisas seica lle dan a razón á nobreza. Pois iso, mentres o pau vai e vén, descansa o lombo.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s