O Deuteroisaías


Calo Iglesias

Profetas e profecías (5)

O Deuteroisaías é un Profeta do exilio e, por iso, un implacable denunciador dos pecados de Israel. Pero a característica máis singular é a de ser un Profeta do consolo, mostrando con extraordinario vigor poético o amor e a preocupación de Yahvé polo seu pobo. A súa actividade profética abarcaría do 549 a. C. ao 539.

No Oriente Medio destaca un novo poder imperial: Persia, con Ciro II o Grande. Chega a conquistar mesmo ao imperio babilónico. Ciro será tolerante no relixioso e permitirá o regreso dos exiliados israelitas. Xurdirán problemas de relación entre os que chegan e os que reciben, que non impedirán a recuperación económica.

O Deuteroisaías admiraba a Ciro. A súa misión cambiaría para ben a historia do mundo. O profeta anuncia a salvación como unha repetición das marabillas de Yahvé no deserto, no Éxodo de Exipto.

Os oráculos do Deuteroisaías falan da grandeza dun Deus que, ás veces, semella escondido, pero que non esquece ao seu pobo, senón que o acompaña sempre con amor compasivo e fiel.

Yahvé salva mediante a Palabra. Unha Palabra firme, eficaz e irrevogable, transmitida polo profeta. Pola contra, os ídolos son deuses sen palabra, que non ven ni saben. Aínda que a maioría do pobo segue cega e xorda, o Señor orientará o seu camiñar, virando a escravitude en liberación.

Será  tamén unha liberación universal: o pobo da Alianza, pregoando a lei divina como fonte de salvación para todos os pobos da terra, fará que os xentís recoñezan a Yahvé como o único Deus, poñendo nel a súa esperanza.

Ten especial presenza no Deuteroisaías o Servo de Yahvé. O Espírito de Yahvé repousa sobre o Servo; ditará a lei as nacións, sendo luz para elas. Pero non pola forza das armas, senón cunha campaña non violenta e compasiva.

O servo de Yahvé preséntase como desprezado, abandonado, ferido e morto en expiación polos pecados, pero triunfará.

Outros oráculos do Deuteroisaías presentan mensaxes ben diferentes, que parecen contradicirse cos pacifistas e non violentos, dunha extrema dureza contra as nacións que se opoñan a Israel. Aparece un Deus guerreiro.

Lecturas do Deuteroisaías.

Cap. 40, 12-18; cap. 42, 1-9; cap. 55, 1-13.

O Tritoisaías.

As deportacións a Babilonia entre o 592 e 582 a.C., afectaron aos dirixentes do pobo. Quedou no país a poboación máis inculta e pobre. A situación sociopolítica e relixiosa no oráculo do Tritoisaías responde ao ambiente do reino de Xudá, cando volve do desterro de Babilonia, entre os anos 538 e 485 a.C.

A falta de dirixentes espirituais, a ruína do Templo e a chegada de xentís desde Edom, provocara en Xudá un estado de miseria espiritual e moral. O retorno dos exiliados trae conflitos de tipo social, ao esixiren os retornados a devolución dos seus bens, nas mans doutros donos.

O Tritoisaías constata a violencia, os crimes, o egoísmo explotador, a apostasía, a idolatría. Os dirixentes políticos eran como vixías cegos e cans mudos, cobizosos. Para aqueles que chegaban de Babilonia, ilusionados polo anterior mensaxe do Deuteroisaías, a situación de Xudá era moi decepcionante.

A pesar dos problemas materiais e morais do pobo, a mensaxe do Tritoisaías é una proclamación de esperanza salvadora, condicionada á práctica da xustiza: os cultos e xaxúns que compracen ao Señor son o respecto e a compaixón.

A esperanza salvadora alcanza aos eunucos, xentís e estranxeiros. Desenvólvese unha liña de universalismo, que leva a algúns xentís a exerceren o ministerio levítico (servizos do Templo) e mesmo o sacerdocio.

Lecturas do Tritoisaías

Cap. 61, 1-3; cap. 62, 1-5; cap. 66, 18-21.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Horizonte universal. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s