Carta a Julia


Pedro Pedrouzo Devesa

O pasado luns 21 de novembro finou Julia González Pérez, unha relixiosa das Servas de san Xosé coa que tiven a sorte de traballar durante nove anos en Fogares Lar (Hogares y apoyo al menor Lar), unha asociación que se creou coa certeza de que a mellor maneira de criar un cativo, estea amparado ou desamparado, é na casa e non nun centro.

Julia axudou a nacer aos Mensaxeiros da Paz nos anos sesenta, pero só podo falar da Julia setenteira que coñecín, unha persoa que sorprendía a moitos polo seu carácter firme valisoletano. Porén, a maior parte das lembranzas que teño son dela traballando ou sorrindo. Tiña un sorriso fermosísimo, mesmo cando era triste. Hai moitas persoas que medramos afectiva e laboralmente a carón da madre Julia.

Non sei se ela obedece ao perfil do santoral irimego, un santoral que se foi creando entre moitos grandes anónimos que nos últimos corenta anos creron e forneceron esta aventura chamada Galicia da peculiar forma que se materializa quincenalmente na revista e anualmente na Romaxe. A verdade é que cumpre moitísimas condicións: estivo sempre do lado dos máis desfavorecidos, desprendíase do diñeiro coa mesma rapidez coa que o ía gañando, ben é certo que non falaba moito galego, pero celebrou varias romaxes e tiña unha enorme fe na capacidade humana de vencer o sufrimento dos próximos, tamén tiña xenio, e … cariño, era boa compañeira de traballo e de mesa, e non aparecía nin aparece aínda hoxe no buscador de google. Anónima mediática e, non obstante, tremendamente popular no eido da protección á infancia. Era moi respectada mesmo no pétreo ámbito administrativo de San Caetano, onde se toman moitas decisións sobre a infancia non sempre atinadamente. Ben sei que para moitos isto non é importante, pero domesticar a Administración é un dos labores máis revolucionarios que se pode facer hoxe en día no Estado de Benestar, coa finalidade de que oriente a súa actuación cara a sociedade e non cara os poderosos.

Hai moita ex-cativería por aí que che debe moito, Julia, un enorme bico, …aquí non descansamos en paz.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Horizonte universal coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s