Esta vai de contracións, con maiúsculas


Lidia e Valentina

for-aussie-junior-miners-2013-means-major-funding-squeeze-300x250Contracións dannos ás mulleres antes do parto ou, como se dicía tradicionalmente, as dolores de parir. Mais hoxe, imos abordar as contracións lingüísticas, as que empregamos na fala e na escrita, que non son sempre as mesmas, de feito, contraemos moito máis na oralidade ca na escrita.

Rematabamos o outro día cos primeiros versos do primeiro poemario publicado en lingua galega despois dos séculos escuros, é dicir, no Rexurdimento: Cantares Gallegos. Por se alguén non fixo os “deberes”, comezaremos por indicar que os zonchos (has de cantar que che hei de dar zonchos…) “son castañas cocidas coa pela” ( sendo a “pela” a cuberta exterior máis ou menos grosa dalgúns froitos, isto é o que noutros lugares chaman “casca”.).

Pois na versión orixinaria de Cantares, Rosalía escribía case como falaba, contraendo mediante apóstrofes moitas expresións que se din na fala, pero que logo non se fixaron na escrita.

E xa hai uns días que lle estamos a dar voltas a isto das preposicións cos artigos, demostrativos e indefinidos e co que fan xuntos. Pois, efectivamente, contraen. Pero claro, como toda regra que se valore…, hai excepcións, e a iso imos:

Nunca contraen cando estas palabras forman parte dun nome propio ou dun título, é dicir, as preposicións non contraen –na escrita- con artigos, demostrativos e indefinidos que estean escritos en maiúscula (aínda que na fala se pronuncien contraídos). Por exemplo:

Recordo os licores de O galo de ouro

Fixo unha boa crítica de O lapis do carpinteiro

Como excepción a esta regra, permítese representar con apóstrofo a contracción das

preposicións “de” e “en” co artigo inicial dalgúns títulos de obras, pero mantendo sempre a

maiúscula:

Lino n’A Esmorga

Examinouse d’Un ollo de vidro

Publicou un artigo n’A letra miúda

E tamén é unha excepción a isto das maiúsculas o artigo dos topónimos galegos ou

galeguizados, que si ten que contraer coa preposición:

Vive na Coruña

Chegou onte ao Morrazo

Naceu na Bandeira

Ata máis ler!

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

2 Responses to Esta vai de contracións, con maiúsculas

  1. Coláronsevos un par de “contracións” no canto de “contraccións”.

  2. irimegos di:

    Ola César, graciñas por comentar. Xa che ía eu contestar todo cheo de razón (iso pensaba), que estabas equivocado e que na última revisión da RAG o grupo CC decaera a C en palabras como “contracción”, pero como non son do gremio de entendidos nestas cousas da lingua, ocorréuseme mirar antes no dicionario (http://www.realacademiagalega.org/dicionario#inicio.do) e resultou que che daba a razón, así que, sen máis, traslado o teu comentario ás autoras, que se han aledar da túa lectura atenta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s