Os alicerces do mundo


Xan Guillén

Eu estudei a carreira de filoloxía. Rematei hai dezasete anos. Tempus fugit! Na miña orla hai dez rapaces e noventa rapazas. Na miña aula as mulleres eran maioría.

Non vou falar da miña carreira, pero era para que vos situedes no contraste. Sei que teño unha compañeira que se chama Soniya. Estuda filoloxía hindú en Delhi na India. Na súa aula hai un quince por cento de rapazas. Vive nun slum que é como un barrio de favelas, pero na India. Cando rematou a secundaria, con esforzo da súa familia, pensou que alí remataba a súa formación, pero os seus pais decidiron que loitarían para que continuase. Eles non podían pagalo. Solicitaron préstamos. Imposible, o máis baixo era do dez por cento, e iso que era dun amigo. Ata que chegaron a unha ONG local que lles axudou cun microcrédito. Ela é a primeira rapaza que provén dun slum e que acaba esa carreira.

O outro día polas redes  sociais circulaba un dito que dicía: Recortar en educación é como aforrar en alicerces. Esta ONG sábeo e aposta pola formación da súa xente. Eu tiven sorte e puiden estudar o que quixen e formarme, pero non todos (e sobre todo, todas) teñen esa sorte. Na nosa sociedade penso que o temos claro todos. Será que algún político non pertence á nosa sociedade?

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s