Os excluentes sempre son os outros


fachiO fachineiro da educación

A.Q.

Segundo o ministro de exteriores o nacionalismo excluente cúrase lendo e viaxando. Non é que o epifonema destaque pola súa orixinalidade, pero agora cae da burra este fachineiro a propósito dos datos do informe PISA, que veñen dicirnos con teimosía que tanto nenos coma adultos non estamos entre os máis argutos da aula mundial. Os do PP non precisan de tratamento que eles e elas son todos incluentes, mesmo in clientes. Quen está curadísimo e xa non é nada excluente, é o bispo alemán que viaxaba en primeira para ver como facían sopa de pedra nas choupanas da India. Tampouco non é nada excluente a nosa casa real, que se curaba nas marisquerías das Rías Baixas con cargo aos excluentes impostos do lector e máis dos meus. Claro que sempre pode haber desconfiados que malicien que o ministro se refire a calquera que non teña as ideas del ou as do alcalde de Baralla, que tanto monta. Non tal. Ademais, agora, mel nas filloas, que a Lei do seu compañeiro Wert, defendida con entusiasmo polo profeta en Galicia, xa está aquí para liberarnos do fracaso.

A.Q.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s