Irretroactividade


A irretroactividade das normas que limitan os dereitos é un principio xurídico fundamental nunha democracia. Quer dicir que ningún poder está autorizado, por exemplo, para castigar unha falta cometida no ano 78 usando unha norma penal máis severa que se aprobe no 99 (que non estaba en vigor naquel preciso momento), ou mediante unha doutrina interpretativa que se aparte da xurisprudencia, isto é, da liña de interpretación da lei reiteradamente confirmada polas sentencias dos tribunais. Non vale cambiar as regras coas que castigar os crimes despois de que se comete o crime, con intención de aplicalas “para atrás” na historia, aplicalas retroactivamente. Iso é unha chapuza. Queremos instalarnos na chapuza xurídica, no aquí vale todo, e dar aos gobernos ese poder?

Iso é o que vén dicir o tribunal de dereitos humanos sobre a doutrina Parot. Ademais o goberno xa sabía que ese xustamente ía ser o desenlace. Por unha razón sinxela: non había outro desenlace posible.

Se un código penal non funciona hai que discutilo e cambialo. Hai que traballar sobre el. Porque todo é discutible. É discutible se está ben ou non que 30 anos sexa o máximo que unha persoa poida pasar na cadea, con independencia de que cometa un asasinato, ou trinta; unha violación ou quince.

É discutible que a redención da pena se faga con base aos traballos e boa conduta na prisión, sen que entren en xogo o arrepentimento, a xustiza restaurativa (que se acometa a tarefa de encarar o dano persoal feito á vítima) ou a reconciliación (como o método seguido en Sudáfrica tras o Apartheid).

Todo iso é discutible e o código penal modificable. Pero non convén esquecer que na propia constitución está tamén o principio –que tanto debe á galega Concepción Arenal- de que a pena debe procurar a rehabilitación. Como? Discutámolo. Eses son os debates!

O que non pode un goberno é caer no de sempre, e por cultivar un caladoiro de votos fieis, alentar a intoxicación e a sospeita de que o alto tribunal europeo fixo o que non debía. Eles saben que non podía facer outra cousa, porque non se entra no fondo do asunto, simplemente dise que a irretroactividade é unha liña vermella. E alimentar a sospeita sobre as institucións por comenencia electoralista é un penoso papel para un goberno que se di serio e maduro.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Editorial. Ligazón permanente.

One Response to Irretroactividade

  1. Pingback: Irretroactividade | Abrente incerto

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s