Enumeracións


O fachineiro da educación

A.Q.

O uso da coma nas enumeracións é o primeiro que se aprende a propósito deste signo de puntuación. Podiamos sementar comas a feito no malfadado texto se quixesemos dar conta dos desatinos da presunta Lei de educación que aprobou o goberno. Estes días asistimos a unha folga na educación pública, acompañada das correspondentes manifestacións, contra unha norma que vai en contra do que aconsellaría calquera reblo de sentido común nun país civilizado. Pero claro, iso non serve por aquí. Xa non é só que se queira xibarizar o ensino público, poñer pexas na educación dos máis febles, xebrar por sexo, desprezar aínda máis todas as linguas que non sexan o castelán e todos os puntos suspensivos que cumpra engadir. Ademais, o papa de España (léase con entoación marcial, porfa) deita o seu rouco son no solpor do seu mandato sobre a Lei que vai crear súbditas en lugar de cidadás; que vai narcotizar os que teñan que protestar dentro de vinte anos porque han ver aínda máis precarizados os seus subempregos. Quizais non han saber o que lles din cando un ministro anuncie que os salarios moderan o seu crecemento. Volvemos á educación do Balbino de Neira Vilas. Só ha poder estudar o Manolito. E a ese, xa o sabemos, non hai quen lle tusa.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s