Outro benestar é posible…e necesario


Alfonso Mascuñana

Mil veces temos proclamado: Outro mundo é posible! Pero, é realmente posible outro mundo mellor cando para nós estar ben, para sermos felices, no fondo o que queremos é o benestar que nos proporciona “este” mundo?

Regaláronme este pequeno gran libro que parece que non di nada que non saibamos, ou que non teñamos comentado nos nosos círculos.  

Pero o libro conta dun xeito pedagóxico, sinxelo, concentrado e realista unha reflexión sobre o Modelo de Benestar ( que non é igual que o Estado de Benestar): Que entendemos realmente por benestar, ou , o que é o mesmo, que é para nós a  Felicidade?

Se vos animades a mercalo (6 euros) non vaiades pensar que é un libro de “autoaxuda” dos que tanto hai. É un libro crítico, lúcido, escrito dende a pertenza á xente de abaixo, ao barrio, que trata de desenmascarar e de desenmascararnos, deixando aberto, pero sen aseguralo, un futuro feliz para a humanidade.

O seu autor é Antonio Zugasti Pellejero, antiguo cura obreiro, logo só obreiro coa pretensión de seguir a Xesús de Nazaré sen medo á liberdade. Militante de base nos campos sindical, político e social. Actualmente colabora na cooperativa Trabensol, un proxecto para abordar dun xeito alternativo a última etapa da vida.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Noso taboleiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s