O Papa


Cando eu era neno escoitaba dicir de cando en vez que había que rezar polas intencións do Romano Pontífice. Eu, que era moi piadoso, rezaba pero sen saber moi  ben que era iso. Eu agora quero pedir aos que ledes isto que o fagades. O Papa Francisco está comezando a dicir e facer cousas que son interesantes. Dá gusto o tirón de orellas que lles deu aos relixiosos e relixiosas: “Queridos relixiosos e relixiosas: os conventos baleiros non deben servir á Igrexa para transformalos en aloxamentos engañarcartos. Os conventos baleiros non son nosos, son para a carne de Cristo, que son os refuxiados”. Tamén é fermoso que fale cos teólogos da liberación ou que estea a pensar en reformar cousas que na vida dos cristiáns de a pé non tiñan sentido (p. ex. comuñón aos divorciados e que volveron casar).

Se cadra algúns agardabamos cambios máis rápidos e notables pero hai cousas que custan moito mover. Baguiño a baguiño fixo unha vella unha pipa de viño. Este Papa ten boa pinta. O máis notable é ver como sectores conservadores están moi nerviosos. Un “Noso Pai” polas intencións do Romano Pontífice que como di Sor Lucía Caram: “O Papa iniciou un camiño ao Evanxeo dende a normalidade”.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s