A humana fraxilidade


pepeA.Q.

(O fachineiro do libro de Pepe)

 Este é o título que Pepe Chao lle puxo ao número 5 da colección Angueira editado por Irimia. Hai tempo -con catro ou cinco libros na cabeza e dous ou tres no teclado- dixo que a súa publicación dependía da súa propia bioloxía. E parece que as ciencias biolóxicas lle están por cumprir o desexo. Hai un ano chegaba a nós aquel compendio de rigor e humor (coma toda a obra de Pepe) que é Por aquí chégase a Galicia (no que, por certo, podemos ler o rechouchío herdeiro daquel cantar do irimego cuxo espazo se ve agora usurpado por este fachineiro); agora ofrécenos A humana fraxilidade, que ve a luz mercé ao coidadoso traballo da Asociación Irimia. Nel podemos atopar algunhas das constantes nos traballos de Pepe coma a débeda ecolóxica, o psiquismo, as rupturas de nivel, a presunta lei natural, a invención de Satán ou o pecado para concluír que non hai moral cristiá. Con todo, chama a atención que un dos capítulos leve por título E sentímonos culpables. Home, Pepe, fala por ti, porque parece que iso de sentirse culpable -e moito menos, reponsable- e un adxectivo que xa non vai coa especie humana.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: