Puto país


 Pedro Pedrouzo Devesa

Marta conseguiu unha beca en Bélxica, a Jes ofrecéronlle traballo na India a partir de novembro, Iago leva meses a bordo dun cruceiro e tivo que voar ata Asia para embarcar, Jose leva anos traballando en China para unha empresa francesa e Pepe foise aos Estados Unidos. Neste país só temos traballo os funcionarios e os que se “saben mover”. Temos a ministra de Traballo posiblemente máis inútil da democracia e Rajoy pretende tratar a Bloomberg coma se fose un xornal doméstico máis deses que diariamente nos desinforman de forma tan completa.

Non entendo o Partido Popular. Nun momento no que o ten tan sumamente doado cunha oposición incapaz de aportar algo útil á nosa sociedade, o PP segue apostando por demasiada xente mediocre, cando non declaradamente incompetente. Tradicionalmente un alto cargo inútil nace como recompensa ao seu virtuosismo en campaña. Co fácil que é para o PP gañar hoxe unha eleccións, debera centrarse máis na elección dos seus xestores que na dos seus electores.

E mentres, o país cuspe diariamente os máis preparados, despois de facer o histórico esforzo de afrontar as primeiras xeracións masivamente tituladas. A Galicia atragántaselle a preparación. Estamos nunha sociedade tercamente doméstica que prefire antes ao coñecido que ao preparado, que leva a lóxica da feira á organización da empresa, cando non comete barbaridades políticas e económicas como a xestión de Alimentos Lácteos, unha das grandes desgrazas que pasarán ao acervo da incompetencia popular para afrontar a modernización agraria deste país.

As previsións demográficas para as vindeiras décadas xa nos avisan do futuro perfecto que nos espera: o despoboamento de todo o noso rural.

Puto país, incapaz de recoñecer que unha sociedade sa só se pode construír contando cos seus profesionais máis preparados. Preferimos aos nosos, aos máis próximos, aos que pensan coma nós. Mal endémico da política galega sexa cal for a súa ideoloxía. Doado diagnóstico: morreremos ben acompañados, a gusto, pero morreremos.

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s