O primeiro traballador social


Teresa Souto

Damos a benvida ao outono, agardando que nos refresque e que adorne as nosas paisaxes con tons ocres, mostazas e marróns, co sabor doce do reencontro para as persoas que puidemos acudir á Romaxe de Santa Uxía de Lobás, e xa van XXXVI.

Aló puidemos gozar do encontro, da acollida con pan e viño, da celebración, da música da Quenlla, da oración e do xantar compartido. Mágoa polas persoas que por diversos motivos non puideron acompañarnos, botáronse en falta, mais estaban presentes alí onda nós, bailando a Rumboia, cantando o himno, alzándose no berro seco…

E foi unha ledicia, un gozo compartido a nosa presenza, a das mulleres na celebración, con María, Marta, Magdalena, con Rosalía, María Soliño e outras moitas mulleres de onte, mulleres de hoxe. Mulleres que dan testemuño da proximidade de Xesús, da súa crenza e fe nas persoas. Ás veces, entre compañeiras xorde a pregunta: E ti, como é que cres en Xesús? E gústame respostarlles: Por que creo que foi o primeiro traballador social da historia, altruistamente, xenerosamente, dende o corazón estaba preto da xente marxinada, das persoas con discapacidade, das persoas empobrecidas, das mulleres en situación de desigualdade, das persoas que padecen e sofren, sen metodoloxías, nin regras, co bo facer de quen cre e ama o que fai. Claro está que é unha visión algo idílica e utópica do traballo social, e pensando non na profesión, senón na esencia e na ideoloxía de atender, escoitar e acompañar as persoas que por tan diversos motivos están á marxe do imposto pola sociedade, sen xulgar, sen impoñer ideais e sen caer na beneficencia, senón crendo no valor das persoas como iguais. E ese labor é desenvolvido ao longo da vida, por moitas persoas que seguen o seu exemplo, moitos crentes, outros laicos, persoas que cren na humanidade.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón). Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s