Á SOMBRA DE CABRUI


Manolo Regal Ledo

 Cabrui é unha pequena parroquia do concello de Mesía, na Coruña. Hai poucos días fun invitado a este lugar polo crego Víctor Blanco Naveira. Tiña que falar, conversar, compartir sobre da escoita da Palabra de Deus, da Palabra humana, con algunhas das persoas alí congregadas para celebrar o encontro anual de URCA, esa organización xuvenil que busca desenvolver e celebrar a harmonía natural entre a expresión artística de calquera clase que sexa e a fe.

Cabrui é unha parroquia máis do rural galego: sae o sol polo leste e pousa polo oeste, os loureiros conservan o vello oficio de rodearen as casas para as gardar dos temporais do inverno, medran as herbas nos prados con teimosía, desafiando a seca; hai casas ben amañadas, acollendo xente, moita dela ben entrada en anos e nostalxias, e, polo medio, algunhas casiñas despedíndose xa do seu oficio santo de acubillar xentes e soños durante anos e anos de loita e pranto e festa.

Cabrui é unha parroquia á que, como a calquera outra de Galicia, non se pode ir co afán de falar de escoita, senón coa humilde disposición de escoitar. E as palabras xorden caladas de calquera recanto, por máis que a orde do día me levase a acougar na casa do crego, unha antiga corte de ovellas, a Raíña, na que hai cama feita e, a carón, espazo de oración cheo de símbolos que teñen moito que ver coa historia particular deste crego orixinal e das persoas que o acompañan día a día nos seus soños, nas súas benditas tolerías.

En Cabrui falan as pedras, falan as árbores, falan as noites, falan os días, fala o silencio, fala a palabra. En Cabrui óese a tenrura, o abrazo, a esperanza, a imaxinación, a liberdade, a fondura. En Cabrui óese a Deus que foi desprezado. En Cabrui óese a xente que andou derrotada.

Se ides a Cabrui, e faredes ben en ir, non vaiades para falar de escoita coma min, senón que para escoitardes. Volveredes cun par de pombas nas mans.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón). Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s