4ª Xuntanza “POMBA DOURADA”


IMaxe O noso taboleiroVangarda Obreira

Na memoria de Pacita-Paco

DATA: Sábado 5 de outubro de 2013

LUGAR: Hotel Crunia, Avda. Fonteculler, 58. Culleredo. A Coruña

HORA: 21:00

PREZO DA CEA: 25 euros

PARA APUNTARSE:  Hosanna: 636 190 689 e 981 656 234

hosannafn@yahoo.es

Alfonso: 606 816 047 e 981 284 919

amascunana@edu.xunta.es

(Avisade antes do 30 de setembro)

 

A xuntanza quere celebrar as vidas de Pacita e Paco. Pensamos que unha maneira de facelo (coa que eles se sentirían contentos) é que as persoas que os quixemos e admiramos teñamos un encontro.

 

“Pomba Dourada”, porque esa poesía cantada entoámola con eles moitas veces. E porque demos en pensar que simbolizaba dous elementos polos que loitaron, e que formaron parte das súas vidas: a Tenrura e a Paz.

 

Encargamos o deseño dunha figura en cerámica que cada ano poida recibir unha amiga, un amigo (compañeiras, compañeiros) que, co seu facer e estar, seguen a manter vivas a Paz, hoxe Xustiza, e a Tenrura.

 

Este ano recibirá  a Pomba Dourada Rodri (Rodrigo Saavedra).

 

No encontro teremos tamén un momento para a música e a palabra.

 

Agardámosvos. Unha aperta.

 

Comunidade Cristiá “Vangarda Obreira”

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s