Pepe e resaca


Xoán Guillén

O outro día falaba da boa calidade da banda deseñada galega. Eu hoxe quero lembrar a boa calidade da obra dun autor chamado Pepe Carreiro. Seguro que coñeces e oíches falar dos Bolechas. Son seis irmáns (Carlos, Loli, Pili, Sonia, Braulio e Tatá) e un can (Chispa) e realmente as súas historias son boas, están ben debuxadas e ben presentadas.

Realmente aos nenos e nenas gústanlles as súas aventuras. Son historias moi achegadas á realidade e son moi educativas. Se tedes que agasallar a algún neno ou nena podedes facelo cun libro desta familia. Ademais agora están en edicións Bolanda.

No momento en que  escribo estou coa doce resaca da Romaxe. Que ben o pasamos. Dá gusto gozar coa mesa compartida. Dá gusto estar con tantas amizades coas que falar, apertar, bicar e bailar. Dá gusto  gozar co bo traballo de tanta xente que fai posible a  Romaxe. É que se o pensamos  ben hai festa, hai palabra, hai compromiso, hai transcendencia,  hai reflexión, hai pan compartido… disque non hai Eucaristía?

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s