CONVITE Á XXXVI ROMAXE IRIMEGA.


Benquerida lectora, benquerido lector:

Ben o saberás por experiencia: a nosa vida precisa de momentos de ledicia e festa onde o traballo, as preocupacións e as responsabilidades pasen a un segundo plano. Precisamos tamén festexar as cousas boas que nos acontecen: festexar que temos amigas e amigos, que hai xente que nos quere e que se preocupa por nós. Festexar, como escribiu hai anos o noso amigo Manuel María e cantan os nosos amigos de A Quenlla, que “a vida é moi fermosa, aínda que hai homes cos beizos emporcados en verbas de falsía”.

Pois ben, dende a Asociación Irimia dende van aló 36 anos, cada segundo sábado de setembro axuntámonos para facer festa.

E que festexamos?

Festexamos e agradecemos a fermosura da nosa Terra, e por iso buscamos para cada Romaxe un paraxe natural do noso Patrimonio. E a festa e a gratitude lévannos á loita e o compromiso na defensa da Natureza.

Festexamos e agradecemos todas as historias de Ben, de Tenrura, de Xustiza, de Solidariedade que hai na vida das nosas xentes, e por iso nos textos da Romaxe sempre hai referencias ás mellores loitas de Ben que acompañaron e acompañan o camiñar do noso Pobo. E a festa e a gratitude lévanos ao Compromiso en favor de todas as causas que seren dignidade, humanidade en Galicia e no Mundo.

Festexamos e agradecemos a presenza do Deus da Vida no medio das nosas vidas pequenas e fráxiles, e por iso na nosa Celebración sempre lle damos a palabra a Xesús de Nazaré para que nos siga animando a pasar pola vida sendo xente apaixonada por Deus e polo Pobo  tal e como El o foi. E por iso a nosa Celebración quere ser sempre a festa da Fe e da Galeguidade.

Velaí van, pois, 35 anos de Festa e de Loita, 35 anos de Fe e Galeguidade. E agora imos a pola trixésima sexta na fermosa paraxe de santa Uxía de Lobás. Fermosa paraxe con entrañables historias de loita pola dignidade e a xustiza. Apúntaste? Alí te esperamos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: