Profetas e profecías (1)


Calo Iglesias

Con este artigo, Calo Iglesias comeza unha fermosa narración de sete estacións nas que reflexiona sobre a función profética na evolución relixiosa da humanidade. Calo achéganos ao auténtico significado da profecía ademais de facer unha semblanza de varios profetas

Nas terras da antiga Palestina (na lingua hebrea, Pelisthi) foi asentando un pobo que consideraba a Yahvé o seu Aliado. Comandados por este Yahvé Sebaoth guerreiro, os palestinos pelexaron con éxito contra diversos pobos dirixidos por outros deuses, aínda que ás veces foron sometidos polas potencias imperiais e mesmo escravizados, lonxe da súa terra.

Ao longo desta historia, para eles sagrada, o pobo palestino foi, ás veces, fiel á Alianza con Yahvé, pero outras infiel. Yahvé irá suscitando Xuíces e Profetas, que tentarán conducir o pobo polos camiños da fidelidade. Algúns destes persoeiros escribirán os acontecementos deste camiñar. Despois do ano mil A.C., van aparecendo Libros considerados Sagrados, xa que afirman transmitir a Revelación Divina, é dicir, as recomendacións e ameazas, os castigos e promesas que Yahvé fai ao seu pobo. Entre estes escritos, contan os Libros dos Profetas.

A palabra hebrea para denominar a un Profeta é nabí. Son varios os significados atribuídos a este termo.

  • Fervoroso”. A calor da Revelación Divina converte ao Profeta nunha persoa ardente, que ferve.

  • Mensaxeiro”. Yahvé fala pola boca deste seu enviado.

  • Chamado”. Yahvé chama ao Profeta para que transmita a súa palabra.

Outras palabras hebreas son: “Rahe”, que alude a un pastor que coida do pobo de Deus. “Chose”, vidente, que ve o que Deus lle amosa.

Todos os Profetas séntense posuídos por Yahvé; están sincera e apaixonadamente convencidos da autenticidade da súa vocación. Non poden escapar de Yahvé, aínda que o intenten (caso do Profeta Xonás). A súa forza é a palabra que o Señor lles comunica; palabra coma ruxido de león (Am. 1,2); gozosa e alegre (Xer. 15-16); dura e esixente, convertida nun lume ardente (Xer. 20,9). O Profeta é tamén una persoa ameazada, inxuriada. A Oseas chámanlle tolo; de Xeremías din que é un traidor á súa patria…

Pero tamén hai profetas falsos. Uns son simples falabarato; outros son arribistas que procuran quitar proveito, arrimándose aos poderosos; outros son funcionarios de carreira sempre dispostos a defender os seus privilexios.

As diferenzas entre Profetas verdadeiros e profetas falsos son claras:

  • Os Profetas verdadeiros golpean na conciencia da xente e chaman ao arrepentimento, á conversión. Os falsos adurmiñan a conciencia do pobo para que siga no seu pecado.

  • Os Profetas verdadeiros denuncian as políticas e prácticas sociais abusivas. Os falsos lexitiman todo, coa pretensión de dar un aval relixioso á inxustiza e aos intereses creados polos poderosos.

  • Os Profetas verdadeiros denuncian a hipocrisía dun culto relixioso sen xustiza e alento espiritual; os falsos apelan a unha liturxia de ostentación, marxinando a xustiza e a espiritualidade.

  • Os Profetas verdadeiros denuncian a violencia e o recurso á forza; os falsos confían unicamente nas armas e xustifican a violencia.

  • O Profetas verdadeiros non desfiguran a realidade do pecado; os falsos inventan eufemismos e metalinguaxes para agochar a realidade da inxustiza e da violencia.

Os Profetas verdadeiros acusan a pesadume da misión recibida. Xeremías está a piques de abandonar. Ezequiel síntese posuído de amargura e furor… Os Profetas non levan unha vida cómoda, sofren persecucións, cadeas, morte… Pero o Espírito que habita neles sempre os conduce a remansos de paz. Xeremías síntese escollido desde o ventre da súa nai e fala de sedución. Ezequiel nota a man que repousa sobre el. Yahvé sempre leva a iniciativa,é providencial, domina e calma á persoa do Profeta.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Horizonte universal coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s