Mielina


A.Q.

O fachineiro dos depredadores

En Irimia temos de todo. Hai optimistas irredutibles coma Martínez que me fan lembrar aquela frase do arcebispo de Chiapas -Samuel Ruíz- cando en tempos ben duros por aquelas terras lle preguntaron se era optimista. El respondeu “Son cristián. Como non vou ser optimista?”. E logo estamos os pesimistas ben informados coma este fachineiro. Así que nunha mesa de redacción xa temos os nosos yin e yan. Resulta difícil ser optimista lembrado unha imaxe deste verán galego, cando Carlos Slim, o home máis rico do mundo, antes de subir ao Rolls que o ía levar ao aeroporto de Vigo, onde o agardaba o seu jet, dedicou uns minutos a gabar os necesarios recortes de salarios dos traballadores e traballadoras. Un caso similar ao que lle afearon ao comisario Oli Rehn (por certo, é finlandés, deses que encabezan o informe PISA, que mide lectura e mates pero non solidariedade), cando lle dixeron que hai xente que gaña o que el gasta en dúas ceas. A pregunta que se formula este fachineiro é a seguinte: a xentiña coma esta ou coma a que desbalde miles de euros en confetti de aniversario, terá mielina recubrindo os seus enlaces neuronais ou será un xel con base de caviar?

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: