A esperanza corre présa


A Romaxe, humilde e firmemente, convócanos á  esperanza.

A esperanza cotiza á baixa, non interesa. Estamos amolados, esmáganos o peso da corrupción envolvente, da renuncia á honestidade, do discurso do final de historia, un final, ademais, triste, resignado, tecido con infinidade de egoísmos e intereses particulares.

Esta crise pode, non obstante, ser unha chamada á revisión das contrautopías que fomos aceptando, que se nos foron colando, como o máis normal, pola parte de atrás do cerebro e do corazón.

A miraxe da entrada no euro, dun confort material sen xustiza nin responsabilidade co planeta, era, en efecto, unha contrautopía. A aspiración, inoculada en vea polo capitalismo simpático da época das vacas gordas, de enriquecerse a toda velocidade, de abandonar para sempre a precariedade, a limitación e a autocontención, era unha contrautopía cos seus falsos profetas e os seus Bárcenas, aliados, encubridores e propagandistas. O neoliberalismo é unha contrautopía xigante.

Pero a esperanza que precisamos ten que ver moito máis que ver coa construción da solidariedade, da comunidade, da igualdade. Unha construción lenta, imprescindible. Esa esperanza non lle debe nada ao sistema, non morre coas súas crises. Esa esperanza, incluso, encontra nas crises do capitalismo consumista un lugar de oportunidades. Encontrarse, recuperar a mirade crítica e libre, construír alternativa, celebrar o futuro mellor, un futuro que sempre está un pouco aquí, no presente.

A romaxe recupera a memoria de Inés de Sanabria, unha muller cenobita que se rebelou contra o poder patriarcal e clerical da sé compostelá. É outro símbolo que recuperamos. Unha chamada a esta Igrexa universal que apunta, co novo talante do papa Francisco, cara a un cambio esperanzador, pero que non remata de superar a materia eternamente pendente da igualdade plena de homes e mulleres. Esa cuestión é unha pexa para Igrexa no seu diálogo coa modernidade. É algo antievanxélico, por máis que se nos diga. É algo incomprensible, disque razoado desde unha dogmática conxelada no tempo; pero non, desde logo, desde a prudencia, o sentido común evanxélico nin desde unha elemental empatía coa metade do xénero humano.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial, Romaxe coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s