A desorballar


Rubén Aramburu

Do 3 ao 4 de agosto será ben achegármonos á Terra Chá e ao Festival de Pardiñas que, dende hai 34 anos, organiza a Asociación Cultural Xermolos. Feira e festa da música e da arte, reza o cartaz. Grupos galegos e outros chegados de ben lonxe coma o Xapón, mostra de instrumentos, obradoiros de oficios, artesanía…

Grazas á proposta de Xermolos, temos a Xosé María Díaz Castro protagonista das Letras Galegas, e seguro que o poeta chairego ha estar presente no festival. “Desorballando os prados como sono, o Tempo vai de Parga a Pastoriza…”. Que fermoso convite no poema de Penélope, a nai Galiza tecendo e destecendo para non caer no enredo dos aldraxantes. Desorballar!!!, sacudir o orballo dos prados e das plantas, sacudir tanta humidade, tanta sombra, tantos pesares. Parece case un berro de loita: A DESORBALLAR, A DESORBALLAR, coma aquela canción de Víctor Jara.

Parabéns a Xermolos por seren grandes desorballadores de tanta ferruxe imposta nos desprezos, no auto-odio sementado por séculos sobor da cultura e da lingua. Con xente así, lograremos Galiza, ese paso adiante, de vez. Pouso aquí estes versos de Díaz Castro como oración ventureira para os solpores do verán:

Que o sol siga o seu rego deica o mesmo cadullo,

a derradeira rella do tempo en carne viva,

que os paxaros non calen no oco quente da tarde,

que non paren os bois de remoer.

Que o meu carro se entorne cheo de lume e soño

sen axotar as troitas nin as alas dormidas,

e que a Deus me encomenden os ventos vagabundos,

as lebres que se riron do meu can.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón). Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s