Acampadas


Xa estamos no verán e nesta época hai moitísimo tempo libre. Especialmente a rapazada goza dunhas enormes vacacións. En moitos casos aproveitan ese tempo de lecer para faceren actividades de campamento. Está ben que boten horas cun ocio creativo e compartido. Cada vez hai maior oferta e maior demanda.

Ademais tamén hai que destacar algo que é digno de mención. Hai campamentos grazas ao traballo dun grupo de xente que o fai posible. Trátase dos monitores dos campamentos. Rapaces e rapazas que botan horas e horas das súas vacacións facendo algo que lles gusta pero que é moi sacrificado. Tamén eu fun monitor de campamento e botas moitas horas traballando e poucas durmindo. Sempre cun sorriso e sempre tentando que todos os rapaces e rapazas o pasen ben. Moi divertido, pero moi duro.

A isto hai que engadirlle o esforzo dos monitores que fan o seu labor de xeito voluntario (aínda por riba sen cobrar un pataco). Acórdome agora dos que traballan nos campamentos dos Salesianos ou nos de Cáritas en Arnela. Sen dúbida uns heroes, rapazas e rapaces doutra pasta. Se non credes que sexa así, pasade nove días durmindo catro horas e o décimo día cantade a canción do tallarín bailando e rindo. Non é fácil.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s