Grandes sinais


O fachineiro dos milagres

A.Q.

 Cando o fachineiro enxergou a través desta última xanela da tempada grandes sinais había: estaba o mar en calma, a lúa estaba crecida, Bárcenas estaba no cárcere e a Xoán Paulo II acháronlle o segundo milagre. A min o que me chama a atención e que chegados ao punto de facer milagres, a xente non os faga ao por maior e ande releando neles, deixando un por aquí e outro por acolá. De todos os xeitos dous milagres é o mínimo para ser santo, o que vén sendo un aprobado raspadiño. Seguindo a doutrina Wert ao mellor este santo tiña que dedicarse a outra cousa. E se non, que se estipulen “dan” de santo coma no kárate. Así, un santo con dous milagres sería santo 1º dan, e de aí para arriba. Claro que isto non e nada en comparanza co caso de Raquel, a muller dun pastor da Igreja Universal no Brasil, que fixo o primeiro exorcismo online do que este fachineiro teña noticia. A tal Raquel, a través do chat de facebook, quitoulle sete demos do corpo a unha posuída de 14 anos. Aí lle deixo a idea idea a Rouco Varela, xa que o arcebispado de Madrid quere formar exorcistas porque está a cousa cativa nese nicho de mercado. Montando un call center, cun par de exorcistas desde Marrocos ten amañado o asunto. E a bo prezo. De nada.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s