Última! Case que confirmado: Bergoglio na Romaxe!


 Daniel López

A cousa comeza non se sabe moi ben cando, pero quizais, simbolicamente, co da cadeira baleira.

Efectivamente, foi todo un detalle. Eran as 17:30 dun sábado de remates de xuño e na aula Paulo VI do Vaticano estaba preparado un concerto de gala, pompa e bendicir, con todos os rendevús e artificios, as personalidades e a xente guapa que o protocolo máis vello do mundo, a Curia famosa,  é quen de propoñer.

Pero no momento mesmo do comezo do acto, Rino Fisichella, arcebispo, colleu o micro e anunciou que o “Santo Padre –denominación esa por certo que non debe ser do agrado de Francisco- non poderá estar presente por una tarefa urxente e inaprazable”.

A cadeira quedou alí baleira, no medio e medio dun refinado e solemne espazo, rodeado de autoridades e monseñores. A cadeira branca e baleira.

Despois viñeron especulacións varias sobre cal podería ser esa tarefa urxente. Falábase de que Francisco estaría precisamente deseñando como desfacerse dese sistema curial, especialista en secuestrar o Espírito, mentres xestiona lucrativamente a materia. O caso é que o propio Papa deu moi logo unhas boas pistas sobre os seus motivos: “non son un príncipe do renacemento”.

Así que hai quen apunta algo máis. Hai quen asegura que o Francisco anda a maquinar, una vez que deixou claro que cadeiras non quere ocupar, a que sitios si lle agradaría asistir.

De aí vén o rumor insistente: Bergoglio quere estar na Romaxe de Irimia! É máis ca un disque disque, é un rumor de nivel, xa que se corresponde cunha dedución lóxica: se metemos nunha cesta o de “cheirar a ovella e non a incensos” (e quen di ovella di rubia galega), engadímoslle o de “estar na periferia da Igrexa” (para periféricos, nós!), e poñémoslle una pingas de “a Igrexa non é una aduana de controladores hipócritas, senón que debe ser facilitadora e ter as portas abertas” (roucos de vez os aduaneiros, miñas xoias!)… o resultado sería, por conclusión directa, unha Romaxe. Xa postos, ben é certo, viría ben un avance na cuestión do machismo clerical e da mirada sobre os sexualmente diferentes, …pero ninguén naceu aprendido.

E, xa metidos en fariña, só faltaría cambiar a orquestra sinfónica da RAI pola Quenlla e a novena de Beethoven pola Carolina. En serio, non sei se será desta, pero se non o matan antes, este home acaba nunha Romaxe de ganchete co Xabi e co Mero. Tamaño berro seco, mi madriña! Habíase oír en Roma!

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Trasno coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s